Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 6 de marzo de 2002 (DOG nº 50, do 11 de marzo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para os corpos superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección as listas na correspondente sesión, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal funcionario correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), lista B. As listas estarán expostas na forma que a seguir se indica:
-Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación.
-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.
Segundo.-As citadas listas atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Terceiro.-Os interesados dispoñen dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade e, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándoselle a oportuna publicidade.
Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:
Grupo A: 47,54 euros.
Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental, de acordo coa base 3.3º da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de marzo de 2002.
Os que non fixeran o aboamento no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.
Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública