Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.436

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DE PATEIRAS (AMES)

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola asemblea xeral da Xunta de Compensación do polígono único do sector do solo apto para urbanizar de Pateiras, en sesión do 12 de xullo de 2002, o proxecto de compensación do devandito polígono, sométese a información pública polo prazo de vinte días contados a partir da data de publicación do presente anuncio no DOG de conformidade co disposto no artigo 133.8º en relación co artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Bertamiráns (Ames), 12 de xullo de 2002.

Carlos Abal Lourido

Secretario da Xunta de Compensación de Pateiras

(Ames)