Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se anuncia concurso público e procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dos servicios que se citan.

1. Entidade adxudicadora: a) Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita os expedientes: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

2. Obxecto dos contratos: a) Expediente 305/2002: servicio de formación teatral e organización de mostras de teatro para a Universidade de Vigo, dividido en 2 lotes. Lote 1: formación teatral e organización da V Mostra de teatro nos campus de Pontevedra e Vigo e lote 2: formación teatral e organización da VIII Mostra de teatro no campus de Ourense. b) Expediente 306/2002: servicio de apoio para as probas selectivas de ingreso na escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo. c) Prazos de execución: serán os dispostos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: expediente 305/2002, lote 1: 28.475,38 euros e lote 2: 43.332,10 euros. Expediente 306/2002: 30.050,61 euros.

5. Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Oporto 1, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Fax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os indicados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Oporto, 1, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/ Areal, 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 11 de xullo de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo