Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 122/2002 PLA.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador Secretaría 122/02 PLA.

Denunciado: Ramón Gómez Suárez.

DNI/CIF: 32262332-P.

Último enderezo coñecido: Ameneiral, 12-1º D, Bertamiráns-Ames.

Cualificación da infracción: grave.

Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.

A Coruña, 15 de maio de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS