Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de xuño de 2002, da Subdirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, do extravío do xustificante de depósito definitivo en metálico, número 1733/2000, do 2 de novembro, que garante a Ambiotec Gabinete Estudios Técnicos Medio Ambiente, S.L., para os efectos da expedición dun duplicado.

Faise público o extravío do xustificante de depósito definitivo en metálico nº 1733/2000, do 2 de novembro, por importe de 1.187,06 euros y 197.510 pesetas, que garante a empresa Ambiotec Gabinete Estudios Técnicos Medio Ambiente, S.L.

Requírese a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse o citado xustificante, para que, nun prazo de dous meses, o presente na Subdirección

Xeral do Tesouro, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano en Santiago de Compostela.

Transcorrido o citado prazo a partir da data de publicación deste anuncio sen que tivera lugar a súa presentación, procederase sen máis trámite á expedición dun duplicado, con declaración nese mesmo acto da anulación do orixinal extraviado, que non poderá producir ningún efecto ante a Administración nin ante terceiros.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2002.

Carlos Barrada Rodríguez

Subdirector xeral do Tesouro

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA