Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncian os lugares onde estarán a disposición dos interesados os anexos III do concurso de traslado convocado por Resolución do 19 de decembro de 2001, para cubrir prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, como consecuencia do auto dictado polo Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número sete, polo que se abría novo prazo de presentación de solicitudes.

Por Resolución do 3 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e en cumprimento do auto dictado polo Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número sete, abriuse un novo prazo de presentación de solicitudes para o concurso de traslados dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, convocado por resolución da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 19 de decembro de 2001.

Coa finalidade de que os interesados poidan consulta-los anexos III, onde se atopan os seus datos persoais, a baremación, os destinos solicitados e a praza adxudicada anúnciase que estarán expostos na páxina web do Ministerio de Xustiza: www.mju.es, a partir da data de publicación da presente resolución.

Os funcionarios interesados, que serán unicamente os que participaron na Resolución do 3-6-2002, expresarán no prazo de cinco días naturais, a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, a súa desconformidade cos datos que constan no devandito anexo III, para o que deberán solicita-la súa corrección mediante o anexo IV (modelo de alegacións), publicado no BOE/DOG do 27-12-2001, achegando a proba documental oportuna e fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, de acordo co establecido no artigo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do pro

cedemento administrativo común. O modelo de alegacións e documentación achegada, se é o caso, remitiranse da seguinte forma:

-Aqueles funcionarios que presentaron a súa instancia no modelo V-1, remitirán, a través de fax, as reclamacións ó mesmo lugar onde presentaron a súa instancia de participación en concurso. Os números de fax para esta comunidade autónoma son: Servicio de Xerencia de Xustiza 981 24 66 17 e Dirección Xeral de Xustiza 981 54 62 01.

-Aqueles funcionarios que presentaron a súa instancia en modelos V-2 e V-3, remitirán as reclamacións ó Ministerio de Xustiza, a través dos fax números 91 390 42 95-91 390 42 96 e 91 390 20 60.

De non reclamarse no prazo establecido entenderase que mostra a súa conformidade e aceptación dos datos contidos, de súa baremación e o destino provisionalmente adxudicado.

Así mesmo, na páxina web publicarase unha relación provisional cos destinos adxudicados, para efectos informativos.

Ó tratarse dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva, como consecuencia dos erros que poidan producirse na baremación das instancias. En calquera caso, os destinos adxudicados provisionalmente non supoñen dereito ou expectativa de dereito respecto á resolución definitiva do concurso.

Unha vez resoltas as reclamacións, publicarase a resolución definitiva no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, pospoñendo os cesamentos e tomas de posesión ó mes de setembro.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza