Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 19 de xullo de 2002 Páx. 11.413

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos citados corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde do 12 de marzo de 2002 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións procede darlle publicidade ó baremo definitivo.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións

provinciais, a partir do día 18 de xullo de 2002, as puntuacións definitivas dos baremos establecidos na Orde do 12 de marzo de 2002 dos corpos e disciplinas convocadas pola citada orde.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal