A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de tasas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se citan no anexo.
2. Estes prezos entenderanse, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
-Plan Oncológico de Galicia 2002/2005: 18 euros.
-Plan de Salud de Galicia 2002/2005: 30 euros.
-Guía sobre Evidencia Científica para a Avaliación de Tecnoloxías na Internet: 15,3 euros.