Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 14 de xuño de 2002, tomou razón e prestou a súa conformidade ó documento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de data maio de 2002 elaborado polo equipo redactor -adxudicatario Adiu, S.L., posto no seu coñecemento, acordando simultaneamente o sometemento do mesmo a información pública polo pazo

de 45 días naturais, computado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes, todo iso para efectos do previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, de 24 de marzo, do solo de Galicia, e concordantes.

A Estrada, 25 de xuño de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde