Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para a adquisición de mobiliario de oficina con destino á Xerencia de Atención Primaria de Vigo. (SCS-12/2002) (5 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de mobiliario de oficina con destino á Xerencia de Atención Primaria de Vigo (5 lotes).

Orzamento: cento noventa e cinco mil novecentas cincuenta euros, con IVE incluído (195.950 euros), que se desagrega en dúas anualidades:

Para o ano 2002: 19.200 A.

Para o ano 2003: 176.750 A.

LoteDescrición

do lote

Importe doDistribución por

anualides

lote

20022003

1Cadeiras de traballo xiratorias con rodas e brazos e cadeiras confidente51.1203.00048.120

2Cadeiras de brazos e confidentes dirección e xerencia36.2252.46033.765

3Mesas e armarios57.4358.41049.025

4Mesas e armarios dirección e xerencia38.3704.58033.790

5Complementos12.80075012.050

Importe total de licitación195.95019.200176.750

Garantía provisional: é o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: desde a petición, máximo 30 días.

Admisión de variantes: cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económica, financeira e técnica: ve-los puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de

Recursos Económicos; edificio administrativo de San Lázaro, 2º andar, en Santiago de Compostela (CP 15703), tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, e tamén no enderezo da Internet www.sergas.es/contratacion, ou chamar ós teléfonos 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87, e na copistería Copi Belén, r/ Rosalía de Castro, 29-31. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 99 24.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Sergas, antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, a partir das 9 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios desta contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos