Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 205/01P e dous máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu Regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de junio).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo debe

rán empregalos impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 13 de xuño de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

ExpedienteDenunciado DNIÚltimo enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción euros

OU-205/01PModesto Crespo Fernández

34987292

Urbanización La Caleta Adeje

Sta. Cruz de Tenerife

Pescar sen licencia que habilite para a práctica desta actividade en GaliciaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 34.1º300,51 A. Retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-187/01PJuan Manuel Madeira Fernández

3693576

Massama-Sintra PortugalPescar sen licenciaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 33.1º300,51 A. Retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano

OU-195/01PManuel Fernando Rodrígues Jorge

X-2774211-G

Rúa Mimosas nº 10-2º OurensePescar sen licencia, pescar en luns, día inhábil para a pescaLei pesca fluvial Galicia 7/1992 artigo 33.9º300,51 A. Retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante un ano