Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 11 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade e ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso de actividade e ocupación de dominio público marítimo-terrestre do establecemento que se describe:

Tipo: criadoiro.

Nome: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Actividade: reproducción no inicio do ciclo vital.

Especies: moluscos bivalvos.

Situación: porto do Vicedo (Lugo).

Solicitante: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. DNI/CIF: S-1511001-H.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño, 63-65, baixo, San Lázaro. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños