Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2002 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e trámite de urxencia, das consultorías e asistencias seguintes: lote 1: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2002 e abril de 2003, e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia de Lugo na enquisa de agosto. Lote 2: enquisa de prezos agrarios mensuais, prezos da terra, prezos de pequena significación e canons de arrendamento das provincias de Ourense e Pontevedra de maio de 2002 a abril de 2003. Lote 3: enquisa de prezos agrarios mensuais, prezos da terra, prezos de pequena significación e canons de arrendamento das provincias de Lugo e A Coruña de maio de 2002 a abril de 2003. Lote 4: enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite en xuño e decembro de 2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: lote 1: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2002 e abril de 2003 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia de Lugo na enquisa de agosto. Lote 2: enquisa de prezos agrarios mensuais, prezos da terra, prezos de pequena significación e canons de arrendamento das provincias de Ourense e Pontevedra de maio de 2002 a abril de 2003. Lote 3: enquisa de prezos agrarios mensuais, prezos da terra, prezos de pequena significación e canons de arrendamento das provincias de Lugo e A Coruña de maio de 2002 a abril de 2003. Lote 4: enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite en xuño e decembro de 2002, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: 4 lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1: 21.456,13 euros.

Agosto-decembro 2002: 14.304,08 A.

Abril 2003: 7.152,05 A.

Lote 2: 18.390,97 euros.

Maio-decembro 2002: 12.260,64 A.

Xaneiro-abril 2003: 6.130,33 A.

Lote 3: 18.390,97 euros.

Maio-decembro 2002: 12.260,64 A.

Xaneiro-abril 2003: 6.130,33 A.

Lote 4: 75.126,51 euros.

5. Garantías.

Provisional:

Lote 1: 429,12 euros.

Lote 2: 367,82 euros.

Lote 3: 367,82 euros.

Lote 4: 1.502,53 euros.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 38.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemeno Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO