Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 3 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se notifica a Resolución do 5 de xuño de 2002 pola que se impón unha sanción a José Albarrán Juárez pola realización dunha venda en liquidación irregular (expediente PO-01-2002).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído por irregularidades nunha venda en liquidación unha vez que intentada a notificación veu devolta polo servicio de correos.

Número de expediente: PO-01-2002.

Denunciado: José Albarrán Juárez.

DNI: 33035342-M.

Domicilio: avda. das Camelias, 38-baixo, Vigo.

Establecemento: Galerías Albarrán.

Feitos:

-Excede-lo tempo máximo de venda en liquidación (6 meses).

-Non ter en lugar visible a copia da comunicación de liquidación feita á Delegación de Industria e Comercio.

Precepto infringido: artigo 44.8º da Lei 10/1988, de ordenación do comercio interior de Galicia.

Calificación: grave, artigo 45.2º b) da Lei 10/1988, de ordenación do comercio interior de Galicia.

Importe da sanción: 1.502,54 euros.

1º. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso administrativo de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes (artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo quedaron redactados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, todo isto sen prexuízo de que o interesado poda exercer calquera outro recurso que estime procedente.

2º. A multa deberá satisfacerse ingresando o seu importe a favor do Tesouro da Facenda Galega -na conta da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra-Recadación de multas e sancións número 2091/0500/10/3110000042 de Caixa Galicia no prazo de quince días, desde que a resolución sexa firme en vía administrativa, firmeza que se producirá pasado o prazo para interpoñer recurso de alzada sen que se fixese uso deste dereito, ou se é o caso, cando se desestime o citado recurso de alzada.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Comercio e Consumo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL