Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Conexión da ponte internacional de Goián coa estrada C-550. Tomiño.

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 1.200.762,21 euros.

Mellora da seguridade vial na PO-331 p.q. 7+370/9+210 O Porriño-Gondomar. Vigo.

Adxudicatario: Industria del Deza, S.L.

Orzamento: 354.587,96 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notificase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administraciones públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda