Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 18 de xullo de 2002 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1989; XG-165, Padrón-Noia-Serra de Outes-Pino de Val, con anexos, e da concesión de servicio público regular temporal de transporte a feiras e mercados F-2574; XG-259, de Esteiro a varias localidades.

A Dirección Xeral de Transportes mediante acordos directivos do 22 de agosto de 2001 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Hermanos Ferrín, S.L. por cesión do seu titular, Manuel Ferrín Suárez.

O que se publica unha vez formalizados os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes