Vista a acta da revisión salarial para o ano 2002 do convenio colectivo da empresa Gestamp Vigo, S.A., con nº de código 3603302, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-6-2002, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 22-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 7 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 12 de xuño de 2002.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra