Por Orde do 23 de abril de 2002 (DOG nº 83, do 30 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á Policía Local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.
Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Administración Local, emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5.2º da citada orde.
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:
1. Vehículos tipo turismo: Betanzos, Ponteceso, Foz, A Estrada, Gondomar e Mos.
2. Vehículos tipo todoterreo: Santa Comba, Viveiro, Barbadás e Cangas.
3. Motocicletas: Cedeira, Verín, Xinzo, A Cañiza, A Guarda e Vilanova de Arousa.
Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.
Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais