Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

O BOP nº 154, do 6-7-2002, insire anuncio de contratación mediante concurso con procedemento aberto, da obra de urbanización e mellora da seguridade vial en Reis.

O orzamento de execución por contrata ascende a 60.291,87 euros.

O prazo de presentación de plicas farase durante os vienteseis días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no DOG ou BOP, en horas de 9 a 13.

Poderase obter copia do proxecto en Copy Estudio, S.L., Rúa Nova 19-20 (Galerías) Santiago de Compostela, teléfono: 981 59 33 85.

Teo, 8 de xullo de 2002.

Armando Blanco Martínez

Alcalde