Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación da asistencia técnica consistente na creación dun sistema de información turística en Santiago de Compostela.

Tipo de licitación: 31.086,86 euros, máis IVE.

Prazo de execución: os traballos deberán estar executados antes do 31 de decembro de 2002.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas económico-administrativas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 h, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde