Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 3/2002).

A Alcaldía, con data do 30 de maio de 2002, dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compensación que se vai constituír para a execución do polígono D5.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Antonio Bestilleiro Casás en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a Comisión Xestora, e, no seu nome, a Antonio Bestilleiro Casás como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advirtindo ós interesados de que o expediente se encontra ó seu dispor nas oficinas de atención ó público do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque s/n, de luns a venres, durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación ou notificación do acordo que se cita, onde poderán consulta-lo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo, comunícase que as cuestións que se formulan en relación con el poderán consultarse de 12 a 13.30 horas, tempo no que serán atendidas polo persoal do servicio.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde