Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio para o desenvolvemento e implantación de aplicacións no Servicio Galego de Saúde e en centros dependentes del (S/178-2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S/178-2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento e implantación de aplicacións no Servicio Galego de Saúde en centros dependentes deste.

b) Lugar de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 1 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: douscentos trinta e cinco mil cento noventa e un euros (235.191 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do terceiro día contado desde a finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a setecentos cincuenta euros (750 euros).

11. Se é o caso, portal informático o páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos