Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/150).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A(S) e C.T. autoestrada Fene-Ferrol.

Situación: Neda.

Características técnicas: recuamento liñas eléctricas de media tensión aéreas a subterráneas por causa da autoestrada do Atlántico a 15/20 kV, en conductor R.H.V. de 240 mm Al.

L.M.T.S. a 15/20 kV de 250 m de lonxitude, que parte do cuádruple circuíto Cornido expediente 51021 e final na L.M.T. a C.T. estación expediente 50741.

L.M.T.S. de 480 m de lonxitude, que parte do cuádruple circuíto Cornido-Neda e final no DC Neda-Astano.

L.M.T.S. de 480 m de lonxitude, que parte do mesmo punto da anterior pasando polo novo C.T. prefabricado de 400 kVA denominado subestación Neda e final no DC. Neda-Astano. Concello de Neda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña