De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 4 de xullo de 2002.
P.S. (Art. 12.1.d) Decreto 312/2000)
Mercedes Lamas Vilariño
Secretaria provincial da Coruña
ANEXO
Interesada:
Manuela Gayoso Viñas.
DNI: 33787159.
Rúa Lamas de Prado 88-2º.
Lugo.
Procedemento:
Imposto sobre patrimonio.
Exp.: 6/2002/15/00.
DOC: 00453-0577.