Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 17 de xullo de 2002 Páx. 11.289

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 2002 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Karbo da Coruña.

Examinado o expediente iniciado polo centro privado Karbo da Coruña, solicitando o cambio de titularidade.

Resultando que mediante escritura pública notarial, Ramón Carrasco Navarrro cede a súa titularidade, a tódolos efectos, a Carrasco Borrego, S.L.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20

de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente os requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Karbo da Coruña a favor de Carrasco Borrego, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídos polo cesionista Ramón Carrasco Navarro, sen prexuízo das responsabilidades que poidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL