Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 122, do 30 de maio de 2002, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión dunha praza de garda de policía local, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste Concello.

Oleiros, 4 de xuño de 2002.

Mª José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal, Gobernación,

Consumo e Sanidade