Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Con data do 11 de abril de 2002, o Pleno Corporativo do Concello de Mos aprobou inicialmente a ordenanza reguladora das condicións urbanísticas para a instalación e funcionamento de instalacións de radiocomunicación de telefonía móbil no termo municipal de Mos.

Así mesmo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias de obra e actividade para instalacións de telefonía móbil no termo municipal de Mos, durante un prazo máximo dun ano coa finalidade de formación dun novo réxime urbanístico de ordenación do uso de telefonía móbil, ó abeiro do disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Mos, 23 de maio de 2002.

Gonzalo Taboas Figueroa

Primeiro tenente de alcalde