Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación de servicios de actualización da publicación: Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios (C.P. 9/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de actualización da publicación Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela,

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 9/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: actualización dos contidos da publicación: Galicia, Guía de Oportunidades de Buenos Negocios, formato libro e formato díptico, nos idiomas español, inglés e alemán

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución:

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 2 meses prorrogables por acordo das partes conforme os termos legais.

3. Tramitación, procedimento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 21.000 euros.

5. Garantía provisional: 840 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global dos tres últimos exercicios. Contar con suficientes medios materiais e persoais para a execución do contrato e ter realizado como mínimo tres traballos similares ó obxecto desta contratación acreditado segundo os medios establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703 ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama ou e-mail conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta : tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas técnica e económica.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 700 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

En Santiago de Compostela o 12 de xuño de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica