Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/217-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T. e C.T. O Quinteiro-Rebordelo.

Situación: concello de Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. As Lagoas-Pozonegro ata o C.T. que se proxecta no Quinteiro-Rebordelo, no concello de Cotobade, de 160 kVA, R/T 20 kV-400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra