Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 16 de xullo de 2002 Páx. 11.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 4 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/150-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, a urxente ocupación e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Montouto 2000, S.A.

Domicilio social: avda. Sáenz Díez, 43, ent., 32003 Ourense.

Denominación: subestación transformadora no Castelo.

Situación: concello de Arbo.

Descricións técnicas: subestación transformadora de 63 MVA, R/T 20/220 kV, no Castelo, no concello de Arbo, con dous trafos de 31,5 MVA. Parque intemperie, con sistema de control, protección e manobra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 4 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

Expediente: IN407A 02/150-4.

Concello: Arbo.

Provincia: Pontevedra.

Subestación transformadora no Castelo-Arbo.

Políg./nº: 69/219.

Propietario: Comunidade de Montes da Parroquia de Arbo. Presidente: Gumersindo Ferro Fernández.

Enderezo: Barrio Estación, 49 baixo, Arbo.

Afección m: 2.214.