Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 15 de xullo de 2002 Páx. 11.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 7 de xuño de 2002 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Primavera IV, A.A. II, Portela C.

Vistos os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas Primavera IV, A.A. II, Portela

C, e das concesións administrativas que os amparan, resulta:

a) Antecendentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 18-12-2001, María Barciela Andreu (35966936-L) e Claudio Pazos López (35860715-N) solicitaron autorización para transmisión da concesión das bateas Primavera IV, A.A. II, Portela C.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguíu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Juan Ramón Pazos Barciela (52500147-W), da concesión administrativa das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Primavera IV.

Localización:

Lugar: Cangas H, cuadrícula 59.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 6-10-1955.

Remate da vixencia: 13-10-2005.

Actuais titulares: María Barciela Andreu (35966936-L) e Claudio Pazos López (35860715-N).

Novo titular: Juan Ramón Pazos Barciela (52500147-W).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: A.A. II.

Localización:

Lugar: Redondela A, cuadrícula 12.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 16-6-1975.

Remate da vixencia: 27-2-2005.

Actuais titulares: María Barciela Andreu (35966936-L) e Claudio Pazos López (35860715-N).

Novo titular: Juan Ramón Pazos Barciela (52500147-W).

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Portela C.

Localización:

Lugar: Redondela D, cuadrícula 7.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 6-10-1953.

Remate da vixencia: 23-9-2008.

Actuais titulares: María Barciela Andreu (35966936-L) e Claudio Pazos López (35860715-N).

Novo titular: Juan Ramón Pazos Barciela (52500147-W).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segundo.-Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de

dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 7 de xuño de 2002

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120,

do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo