Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2002, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación e inicio do expediente de reparcelación do solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) de Santa Marta.

Os lindes do ámbito delimitado son:

Norte: Colexio Divino Maestro, Igrexa de Santa Marta, traseiras dos edificios sitos nos números 2 e 3 da rúa Monte de Conxo, e entre os números 53 e 67 da rúa de Santa Marta de Arriba e entre os números 1 a 27 da rúa da Choupana.

Sur: terreos clasificados como urbanizables non programados do SUNP-16 de Volta do Castro.

Leste: terreos clasificados como urbanizables do SUP-4 de Conxo e urbanos do PERI-2 de Conxo de Arriba.

Oeste: terreos clasificados como urbanizables do SUNP-23 da estrada de Vigo.

En cumprimento do que se dispón nos artigos 121.1º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Emuvissa, sitas na Rúa do Vilar, 67-2º, ou na Sección de Planeamento e Xestión do Concello, e formula-las alegacións que xulguen oportunas, mediante escrito que se presentará no rexistro xeral do concello.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC) ós propietarios que se citan no anexo.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo