Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADRÓN

ANUNCIO de concurso de contratación, por tramitación urxente e por procedemento aberto, da subministración que se cita.

Obxecto.

Un tractor acompañado de desbrozadora de brazo e traseira, unha pala frontal e polidozer.

Tipo de licitación.

75.190,21 euros.

Aplicación orzamentaria.

511.624 euros.

Garantías.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Prazo e lugar de presentación das proposicións.

Poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9 a 13 horas, en sobres pechados,

coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións, no prazo de oito días contados a partir do día seguinte á data da última publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións.

Terá lugar na secretaría do concello ás 10 horas do día hábil seguinte, non sábado, ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

Documentación.

O prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello en horario de 9 a 13 horas.

Padrón, 3 de xullo de 2002.

Jesús Villamor Calvo

Alcalde