Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.887

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación da relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo.

De conformidade co previsto no apartado 8 da base sexta B) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando dita relación á autoridade convocante.

Vistas polos respectivos tribunais tódalas reclamacións presentadas polos aspirantes contra a puntuación outorgada na baremación da fase de concurso, foron desestimadas aquelas que non dan lugar á modificación desa puntuación inicialmente asig

nada e, en consecuencia, adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a confirmación definitiva das puntuacións obtidas por tódolos opositores e a relación definitiva de aspirantes seleccionados que superaron o proceso selectivo citado, para os efectos da súa máxima facilidade de difusión procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia con indicación dos lugares onde están expostas as correspondentes listaxes, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde e nos dos seus centros de Xestión de Atención Primaria e Especializada as relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo), para o ingreso nas categorías do grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais e ATS/DUE.

Segundo.-Declarar definitivamente seleccionados os aspirantes incluídos, segundo a súa orde final, no número total de prazas para cubrir de conformidade coa previsión de acumulación do punto 3 da base primeira da citada convocatoria, así como coa previsión de incremento, se é o caso, que esta

blece o segundo parágrafo do punto 2 da base primeira da convocatoria, polas que resulten non cubertas no proceso de provisión convocado pola Resolución do 5 de decembro de 2001 (DOG nº 240, do 13 de decembro), coa seguinte distribución:

Categoría

Acceso

libre

Promoción

interna

Reserva

discapacitados

Total

Técnico da función administrativa

Modalidade xurídica

8210

Técnico da función administrativa

Modalidade económica

617

Xestión da función administrativa12315

Auxiliar da función administrativa72253100

Persoal de servicios xerais190247221

ATS/DUE3533612401

Terceiro.-Contra os acordos dos tribunais que se fan públicos coa presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante este centro directivo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos