Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.885

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

ORDE do 3 de xullo de 2002 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de trece postos de traballo vacantes na Consellería de Asuntos Sociais.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais (edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Asuntos Sociais. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Administración ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, se considerará favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2002.

Corina Porro Martínez

Conselleira de Asuntos Sociais

ANEXO I

DENOMINACIÓNCÓDIGONIVELCOMPL.

ESPECÍFICO

GR.CORPO/

ESCALA

ADSCR.

ADM. P.

TIT.

ACAD.

FORMACIÓN

ESPECÍFICA

CENTRO DESTINOLOCALIDADE

SECRETARIO/A DO/A SECRETARIO/A XERALAS.C02.00.000.15770.001183.477,00CDXERALA11001-641SECRETARÍA XERALSANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBD. X. DE PERSOAL E COORDINACIÓN ADMINISTRATIVAAS.C02.00.001.15770.0013014.777,52AXERALA11523-640SUBD. X. DE PERSOAL E COORD. ADMINISTRATIVASANTIAGO DE COMPOSTELA

XEFE DE SERVICIO DE PERSOALAS.C02.00.001.15770.0102810.865,64ABXERALA11640SUBD. X. DE PERSOAL E COORD. ADMINISTRATIVASANTIAGO DE COMPOSTELA

DENOMINACIÓNCÓDIGONIVELCOMPL.

ESPECÍFICO

GR.CORPO/

ESCALA

ADSCR.

ADM. P.

TIT.

ACAD.

FORMACIÓN

ESPECÍFICA

CENTRO DESTINOLOCALIDADE

XEFE DE SECCIÓN DE HABILITACIÓN DE NÓMINASAS.C02.00.001.15770.012257.606,08 ABCXERALA11640SUBD. X. DE PERSOAL E COORD. ADMINISTRATIVASANTIAGO DE COMPOSTELA

XEFE DE SERVICIO DE RÉXIME INTERNOAS.C02.00.001.15770.0202810.865,64ABXERALA11640SUBD. X. DE PERSOAL E COORD. ADMINISTRATIVASANTIAGO DE COMPOSTELA

XEFE DE SERVICIO TÉCNICO XURÍDICOAS.C02.00.001.15770.0402810.865,64AXERALA112062640SUBD. X. DE PERSOAL E COORD. ADMINISTRATIVASANTIAGO DE COMPOSTELA

XEFE DE SERVICIO DE AUTORIZACIÓN DE CENTROSAS.C02.00.002.15770.0302810.865,64ABXERALA11640SUBD. X. DE ADMINISTRACIÓN E INSPECCIÓNSANTIAGO DE COMPOSTELA

SECRETARIO/A DO/A DIRECTOR/A XERALAS.C03.00.000.15770.001183.477,00CDXERALA11001-641D. X. DO MAIOR E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADESANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBDIRECTOR/A XERAL DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORESAS.C03.00.001.15770.0013014.777,52AXERALA11523-640SUBD. X. DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORESSANTIAGO DE COMPOSTELA

XEFE DE SERVICIO DE COORDINACIÓN SOCIOSANITARIAAS.C03.00.001.15770.0202810.865,64ABXERALA11640SUBD. X. DE ATENCIÓN A PERSOAS MAIORESSANTIAGO DE COMPOSTELA

SERV. EQUIPAMENTOS E PROMOCIÓN DA ACCESIBILIDADEAS.C03.00.002.15770.0202810.865,64ABXERALA12640SUBD X. DE ATENC. A PERSOAS CON DISCAPACIDADESANTIAGO DE COMPOSTELA

SECRETARIO/A DO DIRECTOR/A XERALAS.C04.00.000.15770.001183.477,00CDXERALA11001-641D. X. DE SERV. COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIALSANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBD. X. DE INCLUSIÓN SOCIAL E COOP. COAS CORPOR. LOCAISAS.C04.00.001.15770.0013014.777,52AXERALA11523-640SUBD. X. DE INCLUSIÓN SOC. E COOP. COAS CORPOR. LOCAISSANTIAGO DE COMPOSTELA

Descrición códigos da adscrición a administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

A12: Adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas e Administración local.

Descrición códigos de titulación académica:

2062: lic. en dereito.

Descrición códigos de formación específica:

001: mecanografía.

523: diploma de directivo da Xunta de Galicia.

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641: para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).