Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 12 de xullo de 2002 Páx. 10.881

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo no Concello de Vigo (Pontevedra), entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 29 de maio de 2002 sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Publica-las bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, dos postos de secretario xeral e secretario xeral adxunto do Concello de Vigo (Pontevedra), que se achegan coa presente resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local

Corporación: Concello de Vigo

De conformidade coa resolución dictada por esta Alcaldía-Presidencia de data do 22 de maio de 2002, no exercicio das facultades que me confire o art. 28.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, resolvín convocar polo sistema de libre designación os postos de traballo de secretario xeral e secretario xeral adxunto, deste Concello de Vigo, de conformidade coas seguintes bases:

Primeiro.-Cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se indican como anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira da Administración local con habilitación de carácter nacional, encadrados na subescala de secretaría, categoría superior, sempre que reúnan as condicións que para este posto se sinalan como anexo I.

Non poderán participar na convocatoria os funcionarios separados do servicio nin os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes en tanto non transcorrese o prazo de suspensión, nin os condenados en firme a pena principal ou accesoria de inhabilitación especial ou absoluta. Así mesmo, non poderán participar aqueles funcionarios que se atopen na situación de excedencia voluntaria á que se refire o artigo 29.3º c) e d) da Lei de medidas para a reforma da función pública,

se non transcorrera o prazo de dous anos desde o pase a estas.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro das presentes bases publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Para a presentación das solicitudes, se ben se admite liberdade na súa forma de formalización, deberanse especificar cando menos os puntos recollidos no anexo II destas bases.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán achegar á petición un currículo vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os meritos que alegan.

Así mesmo, presentarán declaración xurada de reuni-los requisitos legais para participar na presente convocatoria.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo funcionarios/as con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicios, considerándose neste sentido non emitirse no prazo de 15 días segundo o disposto no artigo 67 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria compételle á Alcaldía-Presidencia, quen no prazo dun mes contado desde o remate do prazo sinalado para a presentación de instancias dictará a correspondente resolución, da que dará conta ó Concello en Pleno, así como ó órgano competente da Comunidade Autónoma e á Dirección Xeral da Función Pública para a anotación e publicación conxunta no BOE.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario/a. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo do funcionario/a, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Por necesidades do servicio, poderá diferirse ata un máximo de tres meses o cesamento e toma de posesión, mediante acordo dos presidentes das corporacións nas que teña que cesar e tomar posesión o concursante.

Oitavo.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o alcalde-presidente do Concello de Vigo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publi

cación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

ANEXO I

Características do posto de secretario xeral

Denominación: secretario xeral do Concello de Vigo.

Escala: funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Grupo de titulación: A.

Tipo de posto: singularizado.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 3.020,84 euros/mes.

Área á que está adscrito: Alcaldía-Presidencia.

Forma de provisión do posto: libre designación.

Características do posto de secretario xeral adxunto

Denominación: secretario xeral adxunto do Concello de Vigo.

Escala: funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Grupo de titulación: A.

Tipo de posto: singularizado.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 2.625,47 euros/mes.

Área á que está adscrito: Alcaldía Presidencia.

Forma de provisión do posto: libre designación.

Requisitos para participar na convocatoria (común a ambos postos de traballo):

Ser funcionario de carreira da Administración local con habilitación de carácter nacional, encadrado na categoría superior da subescala de secretaría.

Titulación esixida: licenciado en dereito ou en CC. políticas e socioloxía (art. 22.1º R.D. 1174/1987, do 18 de setembro).

Méritos (común a ambos postos):

Considerando a propia natureza deste sistema de provisión, o nomeamento será realizado discrecionalmente polo órgano resolutor en atención ós méritos libremente achegados polos candidatos, podendo declarase deserta a convocatoria se así o considerase oportuno.

Non obstante, na apreciación dos méritos terase en especial consideración, e con carácter preferente, estar en posesión da licenciatura en dereito, tendo en conta as características dos postos ofertados.

Así mesmo, terase en consideración a experiencia noutros postos de traballo de similares características.

A acreditación que o aspirante faga con relación ó coñecemento da lingua galega, que en ningún caso terá carácter excluínte, realizarase coa achega dos títulos oficiais expedidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ou certificación de validación destes.