Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/359).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20-B, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lugar de Esmorode-Catro Ventos.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo subterránea a 20 kV de 1.576 e 275 m respectivamente, en conductor LA-56 e R.H.V. de 95 mm, que parte da L.M.T. a C.T. Santa Cataliña en apoio nº 14 e final no C.T. prefabricado de 250 kVA. No Lugar de Esmorode-Catro Ventos. Concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310),

sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 11 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña