Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 11 de xullo de 2002 Páx. 10.801

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2002 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a Vicente Beceiro Veiga.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 8 de setembro), para a provisión da praza número 01/055, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de Vicente Beceiro Veiga, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Vicente Beceiro Veiga profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.

A Coruña, 21 de xuño de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña