De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 8 de setembro), para a provisión da praza número 01/056, de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de Antonio Francisco Pita Porta, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Francisco Pita Porta profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.
A Coruña, 21 de xuño de 2002.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña