Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 29 de abril de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións na rúa da Fonte-A Laxe, redactado polo arquitecto Julio L. de Miguel Castro e promovido por Mónica Rodríguez Cajaraville.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de Secretaría, durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo

presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 6 de maio de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde