Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial modificación do E.D. V-A/B PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón (expediente 7657/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 16 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle da U.E. 5-AB do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, referida ás parcelas resultantes 6 e 8, de acordo co proxecto redactado polo arquitecto José Alonso Ogando, visado polo COAG no 3-5-2002 (expediente 7657/411).

Segundo.-Abrir un período de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncio no DOG e nun dos diarios dos de maior circulación da provincial, así como con notificación do contido íntegro deste acordo ós propietarios do ámbito, xunta de compensación e demais interesados, nos termos legalmente previstos».

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o último anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo, ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 22 de maio de 2002.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo