Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización dun tramo da rúa do Gorgullón e primeira travesía.

A Comisión de Goberno, en sesión do 17 de xuño de 2002 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización dun tramo da rúa do Gorgullón e

primeira travesía, promovido, mediante iniciativa particular, por José Benito Ameijeiras EscarIz, actuando en nome e representación de Benifran, Sociedad Limitada, visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 8-9-2000, memoria reformada e planos números 2, 4, 5, 6, 10, 12 e 14, con data de visado colexial de 6-6-2001, e planos números 3 e 4, con data de visado colexial de 25-1-2002, e planos números 12, con data de visado colexial de 25-3-2002, e números 3 e 4, con data de visado colexial de 24-5-2002, documentación que anula e substitúe á súa correlativa anteriormente presentada, toda ela redactada polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, número 2, desta cidade) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 27 de xuño de 2002.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tte. alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral