Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002 referente á convocatoria para prover varias prazas de persoal laboral fixo.

No BOP de Pontevedra número 54, do 18 de marzo de 2002, e corrección de erros publicada no número 102, do 30 de maio de 2002, publícanse as bases íntegras para optar ás prazas que a continuación se indican polo sistema de concurso-oposición libre:

A) Denominación do posto: peóns oficios varios.

Asimilado ó grupo E.

A xornada completa.

Número de vacantes: 4.

B) Denominación do posto: oficial conductor.

Asimilado ó grupo E.

A xornada completa.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do devandito anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, pertencentes a esta convocatoria, publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello.

Ponte Caldelas, 3 de xuño de 2002.

Perfecto Rodríguez Muiños

Alcalde en funcións