Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da providencia de incoación do expediente sancionador PO-I-02/88 e tres máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan

que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador PO-I-02/88 e tres máis, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Mª José León Gómez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 11 de xuño de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado-Preceptos
-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Infrinxido-Sancionador-Sanción

PO-I-02/88Purificación Losada Franco

Avda. del Conde, 18

36380 Gondomar

Abandono dun vehículo en zona forestalArt. 137 e) do regulamento da LIFArt. 139 do regulamento da LIF300,51 euros
PO-I-02/90Emilio Soto González

Subida á Madroa, 1-Candeán

36317 Vigo

Queima sen autorizaciónArt. 137 b) do

regulamento da

LIF

Art. 139 do regulamento da LIF30,06 euros
PO-I-02/95Mª Rosario Pérez Muñiz

Balea, 45

36989 O Grove

Queima sen autorizaciónArt. 137 b) do

regulamento da

LIF

Art. 139 do regulamento da LIF30,06 euros
PO-I-02/105José Manuel Carmuega Torres

Ducío, 28

36679 Cuntis

Abandono dun vehículo en zona forestalArt. 137 e) do regulamento da LIFArt. 139 do regulamento da LIF300,51 euros