Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 141/1994).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-los días e horas que se indican, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda nas oficinas do Concello de Melide, ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea L.M.T., sta. María-Furelos (expediente 141/1994), ós interesados propostos como titulares dos predios que se relacionan, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Día 10 de xullo de 2002:

Dos predios números 6, 8, 8/1, 10, 13, 15, 16, 23, 29, 31, 33, a partir das 11.30 horas na Casa Consistorial de Melide.

Día 11 de xullo de 2002:

Dos predios números 35, 37, 38, 39, 64, 66, 82, 86, 89, 119, 128, 133, 136, 137, 138, a partir das 11.30 horas na Casa Consistorial de Melide.

A Coruña, 5 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña