Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/75-2, 5863 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Invernego.

Situación: Ribeira de Piquín.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 955 m de lonxitude con orixe en L.M.T. existente a C.T. Os Vaos e final en C.T.I. Invernego conductor tipo LA-56. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea con 400 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de xuño de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo