Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/206-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Arnego, S.L.

Domicilio social: Orillamar, 88-90 portal 3 entresollado B, 15001 A Coruña.

Denominación: C.T. Ponte-Vilariño.

Situación: concello de Agolada.

Características técnicas: C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/220-380 V, en Ponte-Vilariño concello de Agolada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 30 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra