Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/176-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Chan-Amoedo.

Situación: concello de Pazos de Borbén.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 600 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Amoedo ata o C.T. que se proxecta en Chan-Amoedo, no concello de Pazos de Borbén, de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 800 m de lonxitude, con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 28 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra