Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da subministración de clave SC/02/051.8.

a) Subministración.

Subministración de elementos de seguridade, vestiario e calzado do persoal adscrito á Subdirección Xeral de Estradas dependente da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: SC/02/051.8.

Orzamento: cento trinta e dous mil setenta e cinco euros con corenta e un céntimos (132.075,41 euros).

Prazo de entrega: 3 meses.

Garantía provisional: non se esixe.

A solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica acreditarase segundo o disposto no artigo 18 d) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas nos termos precisados na cláusula 2.2.5.1 do prego.

(Declarada urxente consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información: 981 54 49 86.

Así mesmo poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.

E en Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo 19-21. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás once horas do día 31 de xullo de 2002.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6, constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

P.D.(Orde do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda