Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7051; XG-425, Lugo-Cima de Vila, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0122; XG-005, Cotá-Lugo e V-0369; XG-018, Lugo-Aspai, con prolongación e anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 15 de febreiro

de 2001, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Lafercar, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7051; XG-425, Lugo-Cima de Vila, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-0122; XG-005, Cotá-Lugo e V-0369; XG-018, Lugo-Aspai, con prolongación e anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, Tirimol, Ponte Ombreiro, Ombreiro, Camoira, Ceide, Outeiro, Vilalvite, Cotá, Agruña, empalme Agruña, A Porreira, Portela e Cima de Vila.

-Ombreiro, Parada, empalme Martul, Martul, Cartel, Francos, Aspai, Candai, Vicinte, Carballeiras, Bravos e Vilalvite.

-Ponte Ombreiro, Bocamaos, Meilán, Saamasas e Lugo.

II. Prohibicións de tráfico.

-De entre Tirimol e Lugo, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Vilalvite-Aspai-Martul-Ombreiro-Ponte Ombreiro-Tirimol-Lugo (31,4 km).

-Unha expedición de ida e dúas de volta de luns a venres laborables.

Cima de Vila-Cotá-Camoira-Ombreiro-Ponte Ombreiro-Bocamaos-Lugo (28,4 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

IV. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 0,060001 A.

* Tarifa usuario: 0,064202 A.

* Exceso de equipaxes e encargas (excluído IVE): 0,009000 A.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes